Novas

venres, 16 de setembro de 2022

As invitacións para asistir o domingo á entrega da Medalla de Prata ao mérito cultural á poeta Julia Uceda poden retirarse no Teatro Jofre

O horario do despacho de billetes hoxe venres é de 11 a 13 horas e de 18 a 20 horas e o sábado e domingo de 11 a 13h. O acto terá lugar o domingo, 18 de setembro, ás 12 horas


As invitacións para asistir o domingo á entrega da Medalla de Prata ao mérito cultural á poeta Julia Uceda poden retirarse no Teatro Jofre

As invitacións de balde para asistir este domingo, 18 de setembro, ás 12 horas no Teatro Jofre ao acto de entrega da Medalla de Prata ao mérito cultural á poeta Julia Uceda poden retirarse no despacho de billetes do Teatro Jofre no horario hoxe venres de 11.00 a 13.00 horas e de 18.00 a 20.00 horas. Mañá sábado poderán retirarse de 11 a 13 horas e o domingo desde as 11 horas ata o inicio do acto. 


Julia Uceda naceu en Sevilla en 1925 pero leva moitos anos residindo en Ferrol. Hoxe en día é a máis grande das poetas vivas e a súa obra deu unha nova proxección á cultura española en todo o mundo. A poeta, Filla Adoptiva de Ferrol, está en posesión, entre outras distincións, do Premio Nacional de Poesía, a Medalla de Ouro ao Mérito nas Belas Artes, o Premio Internacional de Poesía García Lorca, o Premio Nacional da Crítica e o Premio Luis de Góngora y Argote. Uceda tamén foi nomeada Filla Predilecta de Andalucía. A súa obra foi traducida a varios idiomas. 

O pasado mes de xuño o pleno da corporación municipal de Ferrol aprobou por unanimidade conceder a Medalla de Prata do Concello de Ferrol ao mérito cultural á poeta Julia Uceda. É doutora en Filosofía e Letras pola Universidade de Sevilla e catedrática de Literatura Española. Exerceu a docencia en España, Canadá, EE.UU. e Irlanda e a crítica literaria en numerosas revistas especializadas de todo o mundo.

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e ofrecer contidos personalizados. Ao continuar coa navegación entendemos que se acepta a nosa política de cookies.

Pechar