Novas

luns, 19 de setembro de 2022

O Concello participará no Festival Internacional de Entes Animados para nenos con catro actuacións de balde en Covas, A Cabana, Pazos e Doniños

O concelleiro de Cultura, Antonio Golpe, presentou esta mañá no Teatro Jofre de Ferrol o ciclo, que terá lugar entre os días 23 e 25 de setembro


O Concello participará no Festival Internacional de Entes Animados para nenos con catro actuacións de balde en Covas, A Cabana, Pazos e Doniños

O concelleiro de Cultura, Antonio Golpe, presentou esta mañá no Teatro Jofre de Ferrol o IV Festival Internacional de Entes Animados dirixido aos máis pequenos, que inclúe un total de 20 actuacións repartidas entre varios municipios, todas de balde, entre os días 23 e 25 de setembro. O Concello de Ferrol participará neste ciclo con catro obras nos lugares de Covas, A Cabana, Pazos e Doniños. A nosa vontade, explicou o edil, é “achegar a oferta para nenos a todo o ámbito do municipio”. 


O edil anunciou que o día 23 de setembro, ás 17 horas, a compañía de Dinamarca Alex Marionettes interpretará a obra ‘Mr. Barty Puppet Show’ no local social da Cabana e ás 19 horas o local social de Covas acollerá a obra ‘Pendente dun frío’, da compañía francesa Pelele. O domingo 25 de setembro, ás 18 horas, o Festival Internacional de Entes Animados chegará á parroquia de Pazos coa obra ‘Mr. Barty Puppet Show’ e ás 18 horas ao local da asociación O Lago-Doniños, con ‘Don Roberto’, da compañía portuguesa Rui Sousa Marionetes. No IV Festival Internacional de Entes Animados participarán tamén os municipios de Ares, Cabanas, Fene, Miño, Mugardos, Neda, Sada, Valdoviño e a asociación veciñal de Canido. 

En outubro, FESTEA en Ferrol 
O concelleiro de Cultura anunciou ademais que no mes de outubro comezará en Ferrol FESTEA, o VII Festival de teatro de monicreques e obxectos dirixido á infancia. Prolongarase desde o 1 de outubro ata o 26 de novembro, con funcións de balde no centro cultural Torrente Ballester, no centro cívico de Caranza, no Ateneo Ferrolán e no Teatro Jofre. FESTEA pertence á Rede de Festivais Internacionais de Teatro de Títeres e Obxectos de Outono

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e ofrecer contidos personalizados. Ao continuar coa navegación entendemos que se acepta a nosa política de cookies.

Pechar