Novas

luns, 19 de setembro de 2022

O pleno aproba por unanimidade as bases que regularán a concesión das subvencións que o Concello outorga ás entidades veciñais de Ferrol

Entre ambas liñas de axudas municipais cóntase cun orzamento de 100.000 euros. A corporación ao completo tamén deu o visto e prace á aprobación da addenda de prórroga e actualización do convenio de colaboración entre o Concello de Ferrol e a Mancomunidade para a mellora do servizo da Casa de Acollida de Ferrol


O pleno da corporación, na sesión extraordinaria desta mañá, aprobou por unanimidade as bases reguladoras específicas para a concesión de subvencións a entidades veciñais que outorga o Concello de Ferrol. As bases contemplan dúas liñas de axudas. A primeira para actividades e programas de interese xeral que favorezan a dinamización veciñal nos barrios e nas parroquias e a segunda para gastos ordinarios de funcionamento necesarios para o cumprimento dos fins propios das entidades veciñais. En total cóntase cun orzamento de 100.000 euros. 


No pleno de hoxe tamén se aprobou por unanimidade a addenda de prórroga e actualización de convenio interadministrativo de colaboración entre o Concello de Ferrol e a Mancomunidade de Concellos da Comarca de Ferrol para a mellora do servizo da Casa de Acollida de Ferrol e acordos complementarios. A duración inicial de dito convenio comprendía ata o 7 de outubro de 2022 e a proposta aprobada hoxe contempla prorrogalo ata o 7 de outubro de 2026.

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e ofrecer contidos personalizados. Ao continuar coa navegación entendemos que se acepta a nosa política de cookies.

Pechar