Novas

martes, 20 de setembro de 2022

O Concello presenta a XXXV Copa Galicia Senior Feminina de Baloncesto

Terá lugar esta fin de semana no pavillón da Malata e coincidirá co XXII Trofeo Concello de Ferrol


O Concello presenta a XXXV Copa Galicia Senior Feminina de Baloncesto

O concelleiro de Deportes, Antonio Golpe, presentou esta mañá no pazo municipal a XXXV Copa Galicia Senior Feminina Baloncesto e o XXII Trofeo Concello de Ferrol, que terán lugar esta fin de semana no pavillón da Malata. O edil estivo acompañado por Francisco Martín, presidente da Federación Galega de Baloncesto, e Santiago Rey, presidente do Club Baxi Ferrol. 


As semifinais terán lugar o venres 23 de setembro. Tras o sorteo celebrado durante a presentación, finalmente ás 18 horas enfrontaranse o Durán Maquinaria Ensino co Celta Zorka Recalvi e ás 20.15 horas o Baxi Ferrol co C.B. Arxil. A final será o día 25 de setembro, ás 12 horas. 

As entradas para maiores de 18 años serán de 10 euros por xornada, 14 para as dúas. Para menores de entre 6 e 17 anos, de 5 por xornada e 7 para ambas. Os menores de 6 accederán de balde previa retirada de invitación. Para os aboados, os prezos son de 6 euros por día e de 8 euros para semifinais e final para maiores de 18 anos; 3 ou 4 para menores de entre 6 e 17 anos e os menores, de novo, accederán de balde retirando previamente a invitación. O despacho de billetes da Malata abrirá mañá mércores e o xoves de 19 a 21 horas, o venres desde as 16.30 horas e o domingo desde as 10.30 horas. O edil animou a toda a poboación ferrolá a acudir esta fin de semana a esta cita deportiva no pavillón da Malata e desexou “moita sorte” a todos os clubs.

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e ofrecer contidos personalizados. Ao continuar coa navegación entendemos que se acepta a nosa política de cookies.

Pechar