Novas

mércores, 21 de setembro de 2022

O Concello de Ferrol celebrará mañá o Día Mundial sen Coche con buses de balde, o peche ao tráfico do barrio da Magdalena e a instalación da Escola de Mobilidade na praza da Constitución

O Concello de Ferrol celebrará mañá o Día Mundial sen Coche con buses de balde, o peche ao tráfico do barrio da Magdalena a instalación da Escola de Mobilidade na praza da Constitución


O Concello de Ferrol celebrará mañá o Día Mundial sen Coche con buses de
balde, o peche ao tráfico do barrio da Magdalena e a instalación da Escola de
Mobilidade na praza da Constitución

O Concello de Ferrol súmase un ano máis ás iniciativas orientadas a lograr unha cidade máis ecolóxica e aumentar o uso do transporte público coa celebración mañá do Día Mundial sen Coche no marco da Semana Europea da Mobilidade. Deste modo, mañá pecharase o tráfico rodado no centro do barrio da Magdalena, entre as 9.30 horas e as 21.30 horas, dentro do perímetro marcado polas rúas Sol, San Diego, Igrexa e praza de España. Pola rúa Igrexa poderase circular a partir da praza de Galicia, debido a que no tramo anterior se están a desenvolver as obras de reurbanización e humanización que o Concello executa nesta vía. 


O concelleiro de Mobilidade, Julián Reina, trasladou esta mañá aos grupos municipais durante a reunión da Comisión Informativa de Medio Ambiente, Urbanismo, Servizos, Obras, Seguridade e Contratación que o Concello de Ferrol tamén celebrará o Día sen Coche aplicando a gratuidade no uso das liñas de autobuses urbanos que teñan todo o seu percorrido dentro do termo municipal de Ferrol. O fin, indicou, é “ceder máis espazo para os peóns” e concienciar á poboación “dos aspectos positivos de utilizar o transporte público”. 

Ademais, tamén mañá, sairá de novo á rúa a Escola de Mobilidade. Trátase dunha iniciativa conxunta das concellerías de Mobilidade e de Seguridade e Tráfico, da que é edil Germán Costoya. Instalarase na praza da Constitución de 16.00 a 19.30 horas para que se acheguen todos os nenos que o desexen.

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e ofrecer contidos personalizados. Ao continuar coa navegación entendemos que se acepta a nosa política de cookies.

Pechar