Novas

mércores, 21 de setembro de 2022

O Concello promove a práctica do deporte e retoma tras o verán as Marchas Ciclistas Populares dirixidas a toda a familia

A primeira terá lugar este mesmo domingo, 25 de setembro, e partirá ás 11 horas desde a Praza de Armas. Percorrerá sete quilómetros polos barrios de Esteiro, Ultramar e Inferniño


O Concello promove a práctica do deporte e retoma tras o verán as Marchas Ciclistas Populares dirixidas a toda a familia

O Concello de Ferrol continúa promovendo a práctica deportiva e os hábitos saudables e retoma as Marchas Ciclistas Populares tras o descanso durante o verán. Trátase dunha iniciativa que a Administración local desenvolve o último domingo de mes en colaboración co Club Ciclista Ferrol co obxectivo de promover o deporte entre toda a familia. 


Todas as saídas previstas ata final de ano partirán ás 11 horas desde a praza de Armas. A primeira será este mesmo domingo, 25 de setembro, e percorrerá sete quilómetros polos barrios de Esteiro, Ultramar e Inferniño. A segunda, o 30 de outubro, de 8 quilómetros; a terceira o 27 de novembro, de 10 quilómetros; e a última do presente ano terá lugar o 18 de decembro, de 11 quilómetros. O casco ríxido é obrigatorio en todas as marchas. Non se permitirá a participación de ningunha persoa sen o seu uso. 

Ao remate de cada saída celebrarase entre os participantes inscritos un sorteo de agasallos. 

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e ofrecer contidos personalizados. Ao continuar coa navegación entendemos que se acepta a nosa política de cookies.

Pechar