luns, 23 de xaneiro de 2023
O goberno local aproba o proxecto para reurbanizar o final de Doutor Fleming por preto de 275.000 euros
O voceiro do goberno local e concelleiro de Urbanismo, Julián Reina, anunciou esta mañá que contará con 13 novas árbores, bancos, unha fonte e unha canastra de baloncesto. Inclúe a súa conexión peonil coas rúas Alonso López e Ignacio Martell e nova iluminación con lámpadas de tecnoloxía LED

O goberno local vén de aprobar esta mañá na Xunta de Goberno Local o proxecto básico e de execución das obras de reurbanización completa do espazo formado polo final da rúa Doutor Fleming e a súa conexión peonil con Alonso López e Ignacio Martell, no barrio de Canido. O obxectivo é crear un novo espazo público continuo de estancia para a veciñanza ao tempo que remodelar esta zona agora sen urbanizar e facilitar a mobilidade e a accesibilidade no barrio, tal e como explicou esta mañá o voceiro do goberno local, Julián Reina. O proxecto conta cun orzamento de 274.599,42 euros.