martes, 24 de xaneiro de 2023
O Concello recibirá ata o 10 de febreiro adhesións para darlle o nome de Rodolfo Ucha Piñeiro aos xardíns próximos ao chalé de Canido
Tamén mantén aberto, ata o mesmo día, o prazo para apoiar a designación do espazo situado ante a antiga fábrica de lapis de Ferrol Vello como praza de Bernardo García Cendán
O Concello de Ferrol acaba de abrir o prazo para presentar apoios á designación de dous espazos públicos da cidade como xardíns de Rodolfo Ucha Piñeiro e praza de Bernardo García Cendán. Unha vez remate a instrución dos expedientes de honras e distincións correspondentes, elevaranse ao pleno da corporación municipal para a súa aprobación. Para constatar os merecementos que motivarán eses acordos plenarios (servizos, feitos, actuacións...) cantas persoas ou entidades o desexen poden achegar por escrito os datos, noticias ou xuízos que consideren oportuno. Poden facelo ata o 10 de febreiro a través do correo electrónico protocolo@ferrol.es, para o que deberán acreditar a identidade da persoa que remite o escrito.