martes, 24 de xaneiro de 2023
O goberno local levará esta semana a pleno a addenda ao convenio co Consorcio pola que se ampliará o número de prazas para o servizo social ‘Xantar na Casa’
O Concello de Ferrol solicitou en tres ocasións ao organismo pertencente á Xunta sumar 15 ás 55 actuais
O goberno local levará ao próximo pleno, que terá lugar este xoves 26 de xaneiro, a proposta de aprobación da addenda ao convenio de colaboración entre o Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar da Xunta de Galicia e o Concello de Ferrol para o desenvolvemento na cidade do programa social ‘Xantar na Casa’. Dita addenda recolle unha nova ampliación no número de prazas despois de que o Concello lograra recentemente un “significativo aumento” en canto á oferta, ao sumar 15 ás 55 actuais, segundo explicou a edil de Benestar Social, Eva Martínez Montero.