martes, 24 de xaneiro de 2023
O Concello ultima a renovación de preto de 30 metros de beirarrúa e bordo na rúa Telleiras, en Caranza
Forma parte das actuacións de mantemento e reparación que se realizan a diario en diferentes puntos da cidade

O Concello de Ferrol continúa cos labores de mantemento e reparación que desenvolve a diario na cidade e que na actualidade están a concentrarse na rúa Telleiras, fronte ao Auditorio municipal. Esta semana se están a ultimar os traballos de renovación de preto de 30 metros de lonxitude da beirarrúa, incluíndo tamén o tramo de carril bici e o bordo. Esta mañá os operarios remataban o volcado de aglomerado nun dos últimos tramos da intervención.