venres, 17 de marzo de 2023
O Concello recibe esta fin de semana a nove medios nacionais especializados en turismo con motivo de promocionar o patrimonio da cidade
Unha ducia de xornalistas chegan a Ferrol para coñecer de primeira man os atractivos turísticos, culturais e artísticos da localidade, así como para desfrutar da celebración da Festa das Pepitas
O Concello será anfitrión este sábado e domingo dun “press trip” encadrado entorno á Candidatura de Ferrol como Patrimonio Mundial. Os xornalistas visitantes proceden de diferentes medios de comunicación de carácter nacional especializados en viaxes, e gozarán durante dous días da gastronomía, a arte e o patrimonio histórico e cultural da urbe naval.