Novas

luns, 01 de maio de 2023

O número de habitantes de Ferrol incrementouse en máis de 400 persoas durante o primeiro trimestre do ano

Trátase do dato demográfico máis positivo no que vai de século e confirma a melloría que se empezou a experimentar o ano pasado, cando a caída de poboación comezou a frearse, según o concelleiro de Estatística, Rafael Fernández Beceiro. “É verdade que nos últimos 23 anos houbo meses soltos nos que o padrón aumentou, pero dende o 2020 estamos vendo períodos máis longos nos que o concello suma habitantes, como xa ocorreu entre xaneiro e abril do 2022, con 146 máis”


O número de habitantes de Ferrol incrementouse en máis de 400 persoas durante o primeiro trimestre do ano

“O primeiro trimestre deste ano é o mellor da serie histórica dende que temos datos desglosados por meses”. O concelleiro de Estatística, Rafael Fernández Beceiro, explica así a evolución positiva do padrón de habitantes entre xaneiro e marzo, que reflexan os números que manexa o Concello. “A atenuación da caída demográfica que indicaba o INE hai un mes estase a confirmar”, engadía o edil sobre os 410 habitantes máis rexistrados nas bases de datos municipais, cos que se remonta a perda de 268 comunicada polo Instituto Nacional de Estatística para o global do 2022. Dese xeito, Ferrol volvería estar por enriba da barreira dos 64.000 veciños, “e, dada a tendencia, confiamos en mantela a final des ano”, dixo. A cifra sería de 64.300. 


“É verdade que nos últimos 23 anos houbo meses soltos nos que o padrón aumentóu, pero dende o 2020 estamos vendo períodos máis longos nos que o concello suma habitantes, como xa ocorreu entre xaneiro e abril do 2022”, relata Fernández Beceiro. Este último dato ao que se refire é de 146 persoas máis rexistradas nos primeiros catro meses do ano pasado. No 2000 os incrementos en meses consecutivos foron máis modestos: 76 habitantes máis entre setembro e outubro. De aí en 20 anos para atrás, nunca houbo dous meses seguidos nos que medrara a poboación. O mes máis destacado, setembro do 2008, cando se rexistraron 62 máis. 

“Sempre temos a percepción de que as diferenzas entre altas e baixas no padrón ás veces están vinculadas á chegada de alumnos das escolas militares ou outro tipo de movementos temporais, pero a serie histórica apunta a que a importancia desas altas e baixas é máis ben reducida. Apenas ten reflexo no padrón porque se compensan entradas e saídas. Pensamos que os bos números deste período teñen relación coa mellora do emprego, a evolución do turismo ou a dinamización da cidade en xeral”, concluíu o concelleiro de Estatística.  

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e ofrecer contidos personalizados. Ao continuar coa navegación entendemos que se acepta a nosa política de cookies.

Pechar