luns, 01 de maio de 2023
O Concello renova unha das pistas de skate da Malata
A intervención incluíu a substitución total das capas de madeira e metal e o pintado final da estrutura
O Concello de Ferrol vén de renovar unha das dúas pistas de skate localizadas na Malata. Tras o traslado ao taller da rampla, procedeuse ao desmonte da superficie de deslizamento para a substitución total das capas de madeira e metal.
A continuación, e unha vez colocada de novo na Malata, a superficie de rodadura
da estrutura renovouse a base de dous novas capas de pintura acrílica. Os traballos
remataron a pasada semana e a pista xa está aberta ao uso desde o pasado venres.