Novas

mércores, 03 de maio de 2023

A exposición de traxes e complementos confeccionados para o III Festival Ilustrado de Ferrol estará aberta ao público desde esta tarde ata o día 31 de maio

Pode visitarse no centro cívico de Caranza de 10.00 a 13.30 horas e de 17.00 a 21.00 horas, de luns a venres


A exposición de traxes e complementos confeccionados para o III Festival Ilustrado de Ferrol estará aberta ao público desde esta tarde ata o día 31 de maio

A exposición de traxes e complementos deseñados e confeccionados para o III Festival Ilustrado, que se celebrou a mediados de abril, estará aberta ao público desde esta tarde, ás 20.00 horas, ata o día 31 de maio no centro cívico de Caranza. 


Inclúe arredor de 80 traxes ilustrados e numerosos complementos deseñados e elaborados no taller de costura desenvolvido previamente ao festival. A exposición tamén conta con outros elementos decorativos realizados no centro de día do barrio e unha vintena de fotografías da cita tomadas polos alumnos do IES Saturnino Montojo. 

O horario para visitar a exposición, que se desenvolve en colaboración coa asociación veciñal de Caranza, será de 10 a 13.30 horas e de 17 a 21 horas, de luns a venres. 

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e ofrecer contidos personalizados. Ao continuar coa navegación entendemos que se acepta a nosa política de cookies.

Pechar