xoves, 04 de maio de 2023
O Castelo de San Felipe recibiu a pasada fin de semana de ponte a visita de máis de 1.700 persoas
O día de maior concorrencia foi o domingo, 30 de abril, coa entrada de máis de 950 turistas

O Castelo de San Felipe recibiu a pasada fin de semana larga, co luns 1 de maio festivo, un gran número de visitas, máis de 1.700 persoas segundo os datos rexistrados no acceso á fortaleza. O día de maior concorrencia foi o domingo, 30 de abril, cando se superaron as 950 entradas de turistas que accederon a San Felipe tanto en vehículo como en lancha. Pola súa banda, o luns achegáronse preto de 450, o sábado 270 e o resto acudiu o venres.