xoves, 04 de maio de 2023
Aberto o prazo de inscrición para a II Carreira Solidaria no marco da nova edición da Semana Mundial da Seguridade Viaria
As persoas interesadas poden inscribirse a través da páxina de Carreiras Galegas, no enlace https://bit.ly/44vxStW
A II Carreira Solidaria pola Seguridade Viaria, organizada polo Concello e co control técnico da delegación en Ferrol da Federación Galega de Atletismo, que se realizará o 20 de maio polo centro da cidade, xa ten aberto o prazo de inscrición, que remata o día 16 ás 22 horas ou ata fin de dorsais.
A cita, enmarcada na Semana Mundial da Seguridade Viaria, que terá lugar entre o 15 e
21 de maio, comezará a partir das 20 horas para as categorías de menores, e ás 21 horas
para as categorías absolutas, e despois da saída desta, a dos nenos nacidos despois de
2018. O percorrido varía en función da categoría e a idade, que será de 5.000 metros
aproximadamente nas categorías absolutas, con saída e chegada nas proximidades da
Praza de Armas. O total de dorsais dispoñibles para as categorías absolutas é de 900, e
500 para as de menores.
O custe de inscrición é de 5 euros para os maiores de 18 anos, e de balde para o
resto de categorías. O diñeiro recadado destinarase a Aesleme (Asociación pola
prevención de accidentes de tráfico e ONG de atención a vítimas de accidentes) e Stop
Accidentes, entidades adicadas a axudar ás vítimas de accidentes de tráfico. Para todas
as persoas que desexen colaborar pero non poidan acudir ao evento, establecerase o
“dorsal 0”. Os interesados poden apuntarse á carreira a través da web de Carreiras
Galegas, onde ademais están as normas e toda a información relativa á actividade, no
enlace: https://bit.ly/44vxStW