venres, 12 de maio de 2023
O Concello abre o luns o prazo para solicitar as axudas á escolarización e as becas comedor para o vindeiro curso escolar
O prazo para solicitalas é de 10 días hábiles
O Concello de Ferrol abre o luns o prazo para presentar as solicitudes para optar ás axudas municipais á escolarización e becas de comedor escolar, ambas para o próximo curso escolar 2023-3024. O prazo para solicitalas é de 10 días hábiles despois de que hoxe se publicara no BOP a convocatoria: https://bit.ly/3BkTf3Z
Estas becas están dirixidas aos menores de idade que residan en Ferrol e estén matriculados nun centro de ensino da cidade. Hai dúas liñas de axudas: as de comedor, para os nenos que cursen educación infantil, primaria ou educación especial e as axudas de escolarización, que poden solicitalas os estudantes de infantil, primaria, secundaria, bacharelato, formación profesional básica ou formación profesional de grao medio.
A contía da bolsa de comedor cubrirá a totalidade do custe deste servizo de cada menor beneficiario, tanto nos centros públicos coma nos concertados. As axudas de escolarización son de 100 euros por escolar, que se facilitarán ás familias en forma de vale. Deberán empregarse para a adquisición de material escolar e libros, incluídas as novas tecnoloxías vencelladas ao estudo, e roupa de uniformidade ou deportiva.
Os solicitantes deberán presentar a súa instancia coa documentación requirida no Rexistro Xeral do Concello. Os interesados poden consultar ahttps://bit.ly/44UtMvB44UtMvB