Novas

luns, 04 de setembro de 2023

A rúa Terra canalizará o tráfico de entrada e saída pola última fase das obras de urbanización en Igrexa

As medidas obedecen ó derradeiro tramo da actuación no vial, que seguirá dando servizo ó párking do Cantón


A rúa Terra canalizará o tráfico de entrada e saída pola última fase das obras de urbanización en Igrexa

A Policía Local de Ferrol instalará de xeito inmediato unha nova sinalización para regular o tráfico durante as obras en execución na rúa da Igrexa, que esta semana avanzarán cara un novo tramo.

Segundo as indicacións da Concellería de Seguridade e Movilidade, as medidas están encamiñadas a dirixir o tráfico tras o avance das obras entre a rampa de acceso ó parking do Cantón e a rúa Rubalcava.

A previsión do Goberno local é que esta semana se faga efectiva a nova regulación no barrio de A Magadalena, á espera dun trámite vencellado a unha obra allea ó Concello, que impide habilitar a modificación do tráfico.

Unha vez postos en marcha os cambios na circulación, a rúa Terra pasará a ser de entrada e saída do casco urbano, nun treito de dobre carril ata a rúa Magdalena.

Entrada e saída

Concretamente, a entrada realizarase pola rúa Sol ata virar por Terra, para continuar cara o acceso do párking.

No outro sentido, a saída realizarase no tramo habilitado de dobre circulación da rúa Terra, ata a rúa Magdalena, donde se xirará á esquerda por un carril habilitado que convivirá coas terrazas mediante un valado.

A solución adoptada estará vixente ata que se complete a obra na rúa Igrexa; isto é, o derradeiro tramo da actuación. Por iso, o novo peche estenderase ata o cruce con rúa Carme (praza do Callao).

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e ofrecer contidos personalizados. Ao continuar coa navegación entendemos que se acepta a nosa política de cookies.

Pechar