martes, 05 de setembro de 2023
O mércores, día 6, entrará en vigor a nova regulación do tráfico polas obras da rúa Igrexa

A Concellería de Mobilidade e Seguridade activará mañá, mércores, a nova regulación do tráfico rodado no centro da cidade polas obras da rúa Igrexa.
Tal e como se informou onte desde a Concellería citada, un tramo da rúa Terra canalizará a circulación de acceso e saída do casco urbano. Concretamente, a entrada realizarase pola rúa Sol ata virar por Terra, para continuar cara o acceso do párking.
No outro sentido, a saída do aparcadoiro subterráneo realizarase no tramo habilitado de dobre circulación da rúa Terra, ata a rúa Magdalena, onde se xirará á esquerda por un carril habilitado que convivirá temporalmente coas terrazas mediante un valado.
Para levar a cabo estas medidas, hoxe quedaron instalados dous semáforos portátiles para regular a circulación de dobre sentido no xiro de 90º entre a rúa Igrexa e Terra.