Novas

martes, 05 de setembro de 2023

A corporación ferrolá concéntrase como repulsa polas últimas vítimas de violencia de xénero


A corporación ferrolá concéntrase como repulsa polas últimas vítimas de violencia de xénero

O alcalde de Ferrol, José Manuel Rey Varela, xunto cunha representación do Goberno local e dos grupos políticos que forman a corporación municipal, secundaron ás 12:00 horas un minuto de silencio polas últimas vítimas de violencia de xénero.

Dúas mulleres, unha de 52 anos que foi supostamente asasinada polo seu cónxuxe na provincia de Xaén, o pasado día 2, e outra vítima de 46 anos, na provincia de Sevilla, o día 3, que foi supostamente asasinada pola súa ex parella.

O número de mulleres asasinadas polas súas parellas ou exparellas nestes oito meses do 2023 ascende a 42, e a 1.226 desde o 2003, cando se iniciou a recollida destes datos.

Todas aquelas vítimas de violencia de xénero poder recibir axuda a través do teléfono 016, mediante consultas en liña a través do enderezo electrónico 016-online@igualdad.gob.es; do canal do WhatsApp no número 600 000 016 e do chat en liña, accesible desde a páxina web www.violenciagenero.igualdad.gob.es/.

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e ofrecer contidos personalizados. Ao continuar coa navegación entendemos que se acepta a nosa política de cookies.

Pechar