mércores, 06 de setembro de 2023
José Manuel Rey recibe á dirección da Escola Oficial de Idiomas

O alcalde de Ferrol, José Manuel Rey, reuniuse esta mañá co equipo directivo da Escola Oficial de Idiomas da cidade, entre o que se atopaba a directora, Kerry Mc Kevitt, a vicedirectora, Lidia González, a xefa de estudos, Alejandra Gómez, e a secretaria, Marta Ferreiro.
No trancurso do encontro, o rexedor foi informado da actividade que desenvolve na actualidade este centro de ensino ao que acoden alumnos procedentes non só de Ferrol senón de toda a comarca, para mellorar as súas competencias lingüísticas. Rey Varela trasladou o seu compromiso de colaboración coa escola.