xoves, 07 de setembro de 2023
O turismo cultural e o legado naval, principais atractivos para os visitantes de Ferrol
A Comunidade que máis turistas aportou á cidade foi a de Madrid
Turista madrileño, de entre 31 e 60 anos, interesado no patrimonio cultural e no legado naval. É ó perfil ao que responde a maior parte dos visitantes de Ferrol en agosto, segundo o informe cos datos estatísticos recollidos nas oficinas de turismo da cidade, isto é, a da praza de España e a do peirao de Curuxeiras.
De acordo coas enquisas realizadas entre os usuarios do punto de información da praza de España, a maioría dos turistas proceden de diferentes rexións do territorio español, pero “destacando con moita diferenza” os de Madrid.
En canto aos visitantes do estranxeiro, “obsérvase unha gran afluenza de países europeos” como Italia, Francia, Portugal e Alemaña.
En xeral, a distribución entre homes e mulleres “é equilibrada” e os motivos da viaxe obedecen, principalmente, a un turismo cultural, histórico e arquitectónico e, de xeito nomeado, ao legado naval da cidade.
De feito, o castelo de San Felipe contabilizou 10.892 visitantes en agosto, fronte aos 7.354 de xullo.
Peregrinos
Ferrol estreou este verán o novo albergue de peregrinos, na Casa do Mar, como un espaldarazo á promoción do Camiño Inglés, que non deixa de medrar durante os últimos anos por tratarse dunha ruta de contrastes entre a costa e o interior, e asumible en canto a distancia e dificultade.
Neste segmento xacobeo, segundo os datos de agosto da oficina do peregrino, en Curuxeiras, tamén son principalmente visitantes de orixe nacional: 71 % de Madrid, seguido de Andalucía e Comunidade Valenciana. Nos grupos estranxeiros, Italia, Alemaña, Portugal e Reino Unido encabezan o listado. E aínda que a franxa de idade é similar ao resto dos turistas (31 a 60 anos), engádese aos propósitos prioritarios da visita o turismo de natureza e as praias.
Aloxamentos
Preto duns 3.000 turistas que pasaron polas oficinas de información indicaron que pernoctarían na cidade no mes de agosto. Segundo os seus testemuños, produciuse un cambio respecto a xullo, cando o predominaban estadías cortas, de un a tres días. Sen embargo, en agosto os períodos de visita prolongáronse ata unha ou dúas semanas. “Houbo moita xente que ampliou a súa estadía en Ferrol polo ambiente que xeneraron as festas na rúa”, aseverou a concelleira de Turismo, Maica García, quen tamén volorou positivamente que concertos como o de Camela “atraeron un gran número de visitantes de Comunidades próximas como Asturias ou Castela e León”.