Novas

venres, 08 de setembro de 2023

José Manuel Rey recibe ao secretario xeral do Eixo Atlántico, Xoán Vázquez Mao


José Manuel Rey recibe ao secretario xeral do Eixo Atlántico, Xoán Vázquez Mao

O alcalde de Ferrol, José Manuel Rey, reuniuse esta mañá co secretario xeral do Eixo Atlántico, Xoán Vázquez Mao, no marco dos encontros que o rexedor está a manter como primeira toma de contacto coas diversas entidades da sociedade.

Ambos departiron sobre as comunicacións entre as poboacións facendo especial fincapé na necesidade dun tren que facilite os desprazamentos. Así mesmo, fixeron mención á presenza de Ferrol na feira Expocidades en Valongo (Portugal), onde a urbe naval conta cun posto ata este domingo no que dá visibilidade a todo o seu potencial turístico.

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e ofrecer contidos personalizados. Ao continuar coa navegación entendemos que se acepta a nosa política de cookies.

Pechar