Novas

venres, 08 de setembro de 2023

José Manuel Rey participa no arranque das festas da Parrocheira en Ferrol Vello


O alcalde de Ferrol, José Manuel Rey, participou esta tarde no acto de apertura das festas da Parrocheira, en Ferrol Vello, que tiveron como pregoeiro ao capitán do Racing de Ferrol, Álex López.

Entre o vasto programa festivo que se desenvolverá durante a fin de semana, o rexedor destacou a popular procesión marítima coa imaxe da Virxe do Socorro, “unha cita que estará cargada de simbolismo nun barrio de marcada tradición mariñeira”. Así mesmo, asegurou que estas festas son un bo exemplo do que os ferroláns poden conseguir unidos e, neste sentido, trasladou o seu agradecemento á asociación de veciños de Ferrol Vello e á Autoridade Portuaria de Ferrol-San Cibrao.



Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e ofrecer contidos personalizados. Ao continuar coa navegación entendemos que se acepta a nosa política de cookies.

Pechar