mércores, 13 de setembro de 2023
O alcalde de Ferrol visita o comedor sénior do centro de maiores de Río Xubia

O alcalde de Ferrol, José Manuel Rey Varela, acompañado pola concelleira de Política Social e Inclusión, Rosa Martínez, visitou hoxe o comedor sénior do centro de maiores municipal de Río Xubia, que este luns abriu de novo as súas portas, dando resposta así a unha demanda das persoas maiores da cidade.
Na actualidade, hai 14 usuarios que xa completaron os trámites para beneficiarse deste servizo, que precede á apertura do resto de comedores. “Os nosos maiores merecen todo o respecto e apoio e, como non pode ser doutro xeito, o Concello de Ferrol e eu, como alcalde, temos o deber de responder ás súas necesidades e así o estamos a facer, cumprindo ademais co compromiso de facelo nos primeiros 100 días de goberno”.