xoves, 14 de setembro de 2023
Aprobado o reparto dos fondos provinciais Pos+Adicional 2023
O Concello destinará case 114.000 euros da partida a gastos correntes na zona rural

O pleno en sesión extraordinaria aprobou esta mañá a proposta dos fondos provinciais Pos+Adicional, cos votos a favor do Goberno (13 votos) e os votos en contra do PSOE (7 votos) do BNG (3 votos) e de FeC (2).
O concelleiro de Medio Ambiente, Servizos, Zona Rural e Obras, José Tomé, recordou que, segundo as bases reguladoras da achega da Diputación, a atribución para o Concello de Ferrol é de 341.535 euros.
“O Concello xa participou na primeira fase deste Pos+, e agora unicamente había que confirmar se se adhería a ese proxecto, que debe ser firmado pola Alcaldía”, indicou o edil.
Concretamente, trátase da obra de aglomerado da estrada de Catabois entre a praza de Canido e a rúa Carballo, por un importe de 227.838 euros. A cantidade sobrante para gastos correntes supón un importe de 113.897 euros para participar na segunda fase do plan.
“O prazo de confirmación -subliñou o concelleiro- era do 26 de xuño ata o 14 de xullo, polo que tiñamos 15 días para confirmar a aceptación”.
Tomé incidiu en que “estes gastos correntes -os 113.897 euros- son servizos municipais que ten que prestar o concello” e que “como sempre dixemos e seguimos defendendo, serán exclusivamente para a zona rural”.
FeC e BNG xustificaron o seu voto en contra por contemplar na proposta “gasto corrente” en lugar de dedicarse integramente a investimento. O PSOE, que tamén expresou o seu voto negativo, instou ó Goberno local a presentar unha nova proposta.