xoves, 14 de setembro de 2023
A Policía Local recepciona unha nova motocicleta dotada con equipos de detección de drogas e alcohol

A concelleira de Mobilidade e Seguridade, Pamen Pieltain, xunto con efectivos da Policía Local, recepcionaron hoxe unha nova motocicleta que se incorporará ao parque móbil da sección de Disciplina Vial.
O vehículo, unha BMW modelo F750GS, estará dotado con equipos de detección de drogas e alcohol e substituirá a outra moto do ano 2005. Con esta nova incorporación ao parque móbil municipal, a Policía local conta cun total de catro motos destinadas á patrulla e control de tráfico.