Novas

venres, 15 de setembro de 2023

A andaina inclusiva de cores percorrerá o paseo de Caranza o 24 de setembro

A inscripción é gratuita e aberta a toda a cidadanía


A andaina inclusiva de cores percorrerá o paseo de Caranza o 24 de setembro

A concelleira de Política Social e Inclusión, Rosa Martínez, presentou esta mañá unha nova edición da Andaina Inclusiva de Cores, que se celebrará o domingo, 24 de setembro, no paseo marítimo de Caranza, a partir das 12.00 horas.

A actividade, impulsada polo colectivo ASCM e pola asociación de veciños de Caranza, acada este ano a súa cuarta edición co obxectivo de fomentar a inclusión social e a accesibilidade das persoas con discapacidade.

Acompañada pola presidenta da asociación de veciños de Caranza, Mapi Rodríguez, e pola presidenta da ASCM, Paula Gárate, a edila convidou a toda a cidadanía a sumarse a esta iniciativa que percorrerá o Paseo de Cartagena, desde a ermida de Caranza ata e piscina, ida e volta, polo que non chegará aos dous quilómetros de distancia. De feito, Gárate precisou que o percorrido é apto para todos os participantes e que haberá “agasallos e moitas sorpresas”.

A inscripción é gratuita e pode formalizarse a través da asociación veciñal (981325852, avvcaranza@mundo-r.com) ou da ASCM (981351430, comunicacionascm@gmail.com). Tamén se pode tramitar o mesmo día da actividade unha hora antes no punto de saída.

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e ofrecer contidos personalizados. Ao continuar coa navegación entendemos que se acepta a nosa política de cookies.

Pechar