Novas

xoves, 16 de novembro de 2023

A concelleira de Educación participa na inauguración da Feira de Empresas e Talento

‘Esta feira supón unha oportunidade única para reunir a empresarios, emprendedores e membros da nosa comunidade nun só lugar’, afirmou a edila Patricia Cons


A concelleira de Educación participa na inauguración da Feira de Empresas e Talento

A concelleira de Educación, Patricia Cons, participou hoxe na inauguración da Feira de Empresas e Talento, Festalent, organizada polo Campus Industrial de Ferrol, e nela participan 40 empresas e institucións. “Esta feira supón unha oportunidade única para reunir a empresarios, emprendedores e membros da nosa comunidade nun só lugar, creando un ambiente de enerxía e creatividade”.

Cons destacou o importante papel que xogan as empresas no desenvolvemento e crecemento das nosas comunidades, xa que “non só xeran emprego, senón que tamén aportan innovación e novas oportunidades para todos” . “Son o motor que impulsa a nosa economía e o sustento das nosas familias”, sinalou.

Esta feira, que se desenvolve no pavillón de Batallóns da Armada, é a plataforma ideal para expoñer os proxectos e logros das empresas e que o alumnado de ciclos medios e superiores de Formación Profesional da comarca os coñezan e establezan un contacto laboral.

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e ofrecer contidos personalizados. Ao continuar coa navegación entendemos que se acepta a nosa política de cookies.

Pechar