Novas

luns, 20 de novembro de 2023

O Concello de Ferrol avanza na instalación de luces led no rural

Trátase da fase I e instalaranse en estradas de Serantes, Covas e Valón


A Xunta de Goberno Local aprobou o expediente de contratación da subministración e instalación de luminarias led na zona rural fase I en Xoane, Serantes e Covas (DP 3606), Covas (DP 3606), Valón (DEP 3608) e na estrada de acceso ao Vilar. A actuación está incluída no Plan de Obras e Servizos POS+2021 e contempla a substitución de 283 puntos de luz.

É conveniente proceder á substitución gradual das instalacións de iluminación exterior, a efectos de poder materializar os niveis de aforro previsibles, tanto en termos económicos como de emisión de CO2.

O gasto correspondente a dita contratación ascende a un importe máximo de 126.385,75 euros (21% de IVE incluído), financiados ao 100% pola Deputación de A Coruña. O prazo de execución previsto é de catro meses dende o día seguinte á sinatura do contrato.

Cómpre que recordar que tanto a participación do Plan Provincial de Cooperación ás obras e servizos de competencia municipal (Plan Único de Concellos) POS+2021, como a aprobación dos proxectos e os pregos dos investimentos -entre os que se atopa incluída a actuación obxecto deste expediente- foron levadas a pleno en febreiro de 2021. Pasaron dous anos da aprobación deste expediente ata que hoxe por fin pode iniciarse a licitación.

Este retraso debeuse a que o requirimento da Deputación ao Prego de Prescricións Técnicas tivo que ser modificado (18.05.2021) e foi aprobado por resolución da Alcaldía en novembro do 2021. Un ano máis tarde, a Deputación da Coruña concedeu de oficio unha prórroga do prazo de adxudicación dos investimentos pendentes de adxudicar incluídos no POS+2021 ata o 30 de novembro de 2023, entre eles este. Agora o seguinte paso será a sacar a licitación este contrato.

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e ofrecer contidos personalizados. Ao continuar coa navegación entendemos que se acepta a nosa política de cookies.

Pechar