mércores, 10 de xaneiro de 2024
Máis de 50 currículos presentados xa á bolsa de traballo do Concello de Ferrol
O prazo está aberto ata o 31 de xaneiro
A concelleira de Recursos Humanos, Susana Sanjurjo, recordou que dende o pasado 1 e ata o 31 deste mes está aberto o prazo para que as persoas interesadas presenten os seus currículos segundo as 26 escalas, subescalas ou categorías que se recollen na normativa vixente do Regulamento para a selección de persoal funcionario interino e laboral temporal do Concello de Ferrol. “É moi importante ter a bolsa de emprego actualizada, e levaba sen actualizarse dende o ano 2017”.
A actualización da bolsa “permitiranos mellorar os servizos municipais e poder dotar dos mellores candidatos aos postos vacantes por baixas ou acumulación de tarefas”. Isto, ademais, ofreceranos unha preparación actualizada das persoas seleccionadas, que se traducirá nunha maior eficacia e mellora dos servizos públicos que presta o Concello de Ferrol.
"Hai que conseguir ser máis eficientes para poder facer máis con menos”, insistiu a concelleira, quen manifestou, ademais, que “debido á situación precaria que nos atopamos, cunha grave falta de persoal no Concello, tenemos que conseguir que cada empregado poida aportar o mellor de si mesmo”.
Ter a bolsa actualizada é o primeiro paso para a modificación en materia de personal, que é tan necesaria no concello e que o Goberno local pretende abordar con urxencia dado tamén que a RPT é do 2000 para adaptala aos novos procedementos administrativos. “Se queremos ser un concello do futuro, temos que tener unha organización municipal preparada para traballar cos retos do futuro", sinalou Susana Sanjurjo.
O 31 de xaneiro remata o prazo para a presentación de currículos e para que non suceda como aconteceu en 2020 e en 2022, que non se chegou a facer á baremación, este goberno asume o compromiso de realizar a baremación de todos os currículos que se reciban no primeiro semestre deste ano 2024.