Novas

venres, 02 de febreiro de 2024

O Concello de Ferrol rexistra un total de 1.200 currículos presentados á bolsa de traballo

O prazo para inscribirse rematou o mércores 31 de xaneiro


Un total de 1.200 persoas presentaron o seu currículo á bolsa de emprego municipal.

Esta actualización da bolsa permite mellorar os servizos municipais e ocupar os postos vacantes por baixas ou acumulación de tarefas cos mellores candidatos posibles para as tarefas encomendadas en base á súa formación e traxectoria profesional.

En total hai 26 escalas, subescalas ou categorías que se recollen na normativa vixente do Regulamento para a selección de persoal funcionario interino e laboral temporal do Concello de Ferrol.

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e ofrecer contidos personalizados. Ao continuar coa navegación entendemos que se acepta a nosa política de cookies.

Pechar