Novas

venres, 02 de febreiro de 2024

O alcalde de Ferrol fai entrega do Premio Visitador a Ricardo Pérez Lama durante o congreso Concepción Arenal


O alcalde de Ferrol fai entrega do Premio Visitador a Ricardo Pérez Lama durante o congreso Concepción Arenal

O alcalde de Ferrol, José Manuel Rey Varela, asistiu este mediodía ao Congreso Concepción Arenal, organizado polo Patronato Concepción Arenal, na sede de Afundación e que se prolongará ata o día de mañá.

A cita serviu tamén como escenario de entrega do Premio Visitador 2024, que o Patronato outorgou ao avogado ferrolán Ricardo Pérez Lama. O rexedor foi o encargado de facer entrega do galardón ao letrado, de quen destacou o paralelismo entre o seu labor e o de Concepción Arenal en beneficio das persoas que máis o precisan. Así mesmo, puxo de manifesto os méritos que ostenta, entre os que se atopa a Cruz ao Mérito da Guardia Civil, entre outras, aos que agora se suma este novo recoñecemento.



Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e ofrecer contidos personalizados. Ao continuar coa navegación entendemos que se acepta a nosa política de cookies.

Pechar