Novas

martes, 06 de febreiro de 2024

A Academia Galega de Gastronomía visita Ferrol para coñecer os produtos da cidade


A Academia Galega de Gastronomía visita Ferrol para coñecer os produtos da cidade

A concelleira de Turismo, Maica García, reuniuse esta mañá coa Xunta Rectora da Academia Galega de Gastronomía, un encontro de traballo no que participaron máis dunha decena de profesionais deste ente.

Están moi interesados nos productos locais, sobre todo no marisco, o que sen dúbida é un aliciente turístico máis para a nosa cidade”, asegurou a edila, ao tempo que agarda que ambas partes poidan traballar de xeito conxunto en beneficio da cidade.

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e ofrecer contidos personalizados. Ao continuar coa navegación entendemos que se acepta a nosa política de cookies.

Pechar