Novas

mércores, 07 de febreiro de 2024

O Concello de Ferrol celebra en Madrid unha homenaxe á vida e obra de Gonzalo Torrente Ballester

O acto, en formato de mesa redonda, enmárcase na programación conmemorativa do 25º aniversario do pasamento do escritor ferrolán


O Concello de Ferrol celebra en Madrid unha homenaxe á vida e obra de Gonzalo Torrente Ballester

O alcalde de Ferrol, José Manuel Rey Varela, asistiu esta tarde á mesa redonda celebrada en homenaxe ao escritor ferrolán Gonzalo Torrente Ballester na Casa de Galicia en Madrid.

O acto enmárcase na programación que o Concello de Ferrol articulou para este ano 2024, dedicado ao literato con motivo do 25 aniversario do seu pasamento, e nel participaron, ademais do concelleiro de Cultura, José Antonio Ponte Far, os membros da Real Academia Española, Luis Mateo Díez e José María Merino, o Premio Nacional de Narrativa, Marcos Giralt Torrente, e o catedrático de Literatura Española, Ángel Basanta.

Todos eles fixeron un percorrido pola vida e obra de Torrente Ballester, ao que se sumaron as palabras do rexedor, que non ocultou a súa satisfacción pola celebración desta mesa, a través da cal “enxalzamos o legado literario dun escritor que foi figura cumbre da narrativa do século XX”.

Rey Varela aproveitou a súa intervención para invitar aos presentes na sala á cidade departamental, “unha cidade lóxica na que todo ten un porqué e unha historia”.

A homenaxe continúa hoxe cun outra mesa redonda presentada por Ponte Far na que intervirán o ex director da RAE,Darío Villanueva Prieto, o catedrático da Universidade de Lisboa, Miguel Viqueira Niel, a profesora da Universidade de Vigo, Carmen Becerra Suárez, e o ex ministro de Cultura, César Antonio Molina Sánchez.

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e ofrecer contidos personalizados. Ao continuar coa navegación entendemos que se acepta a nosa política de cookies.

Pechar