Novas

mércores, 07 de febreiro de 2024

José Tomé dá conta das actuacións no rural ao abeiro do POS+2024

Contempla aglomerados e repavimentacións en diversos camiños e estradas


O concelleiro de Zona Rural e Obras, José Tomé, deu conta esta mañá na comisión da área das actuacións que se executarán na zona rural ao abeiro do POS+2024.

Cun orzamento de 205.601 euros do POS 2024, procederase ao aglomerado nos camiños da Aldea, Refertas, Seixo Branco, Aneiros de Arriba e o tramo da corredoira dos Currás, en camiño do Muíño.

NO marco da achega para o 2023 aglomeraranse diversos tramos no camiño C-110, no tramo da estrada Rabascosas-Catabois e camiño C-100A e en tramos da estrada da Boucela, por importe de 198.292 euros.

Por último, o edil informou de que no Plan Complementario do ano 2024 inclúense os seguintes proxectos: aglomerado da estrada do Faro e vial para peóns en Cobas, do tramo de estrada Brión-Liñares-Martín-Espiño, do camiño da Rega, do camiño do Confurco, do camiño de Landrove, do camiño da Chousa, do tramo de camiño de Cándido Hermida e de tramos do camiño C-35 en Covas-Esmelle; repavimentacións no camiño C-4, camiño da hípica na Pedreira ata o vial de Santa Comba, e proxecto para pavimentación de tramo do Camiño C-13, camiño da praia de Ponzos-Cobarradeiras.

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e ofrecer contidos personalizados. Ao continuar coa navegación entendemos que se acepta a nosa política de cookies.

Pechar