Novas

xoves, 08 de febreiro de 2024

Aberto o prazo para a presentación de candidaturas para a XXIX Gala do Deporte Ferrolán

As propostas poderán entregarse no Rexistro xeral ata o venres 16 de febreiro, incluído


O Concello de Ferrol vén de publicar no seu taboleiro de anuncios as bases da XXIX Gala do Deporte Ferrolán na que se premia o labor dos deportistas e equipos da cidade e que se celebrará o 4 de abril ás 19:30 horas no Auditorio municipal.

Nela outórgase a Carabela de Prata, que recoñece ao mellor deportista ferrolán do ano 2023 ou tempada 2022/2023 (cuxo resultado coñécese no acto institucion da gala), a distinción á mellor promesa masculina e feminina e as mencións do xurado, por méritos deportivos, pola promoción dedicación ou apoio ao deporte e ao mellor club de base. Así mesmo, poderá outorgar unha mención especial que considere que de deba ter en conta e que non apareza especificada nos anteriores apartados. Como é habitual, o xurado tamén concederá distincións aos mellores deportistas por modalidade deportiva.

A Gala do Deporte Ferrolán tamén contempla a entrega do trofeo Javier Gómez Noya, que se outorga a todos aqueles deportistas que resultaran galardoados coa Carabela de Prata durante catro anos consecutivos ou máis de catro nos seis últimos anos, sempre que a súa traxectoria no ano 2023 o faga merecedor da distinción.

REQUISITOS E PRESENTACIÓN DE CANDIDATURAS

Para poder optar a estes recoñecementos, os deportistas candidatos para calquera das distincións deberán cumprir, polo menos, unha das seguintes condicións: ter nacido en Ferrol, estar formado deportivamente na cidade, pertencer -como mínimo- a algún club, agrupación deportiva ou colexio do Concello durante as tres últimas tempadas ou anos.

Cómpre destacar que ningún deportista poderá ser galardoado en máis dunha distinción e que se entende como modalidade deportiva aquelas recoñecidas polo Consejo Superior de Deportes.

Poderá formular propostas calquera persoa física ou xurídica ferrolá, asociacións, centros educativos, organismos ou entidades públicas e privadas, relacionadas coa actividade física e o deporte.

As anteditas propostas deberán ser presentadas a través do Rexistro Xeral do Concello de Ferrol a través do anexo que figura xunto as bases. O prazo de presentación remata o o venres 16 de febreiro (incluído).

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e ofrecer contidos personalizados. Ao continuar coa navegación entendemos que se acepta a nosa política de cookies.

Pechar