Novas

xoves, 08 de febreiro de 2024

A Corporación secunda un minuto de silencio como repulsa pola última vítima de violencia de xénero


A Corporación secunda un minuto de silencio como repulsa pola última vítima de violencia de xénero

A corporación municipal secundou ás 12:00 horas un minuto de silencio pola última vítima de violencia de xénero.

Trátase dunha muller de 44 anos asasinada, presuntamente, pola súa parella na provincia de Alicante o 4 de febreiro de 2024.

Coa confirmación deste caso, o número de mulleres asasinadas por violencia de xénero en España ascende a tres en 2024 e a 1.242 desde 2003, cando se iniciou a recollida destes datos.

Todas aquelas vítimas de violencia de xénero poden recibir axuda a través do teléfono 016, mediante consultas en liña a través do enderezo electrónico 016-online@igualdad.gob.es; do canal do WhatsApp no número 600 000 016 e do chat en liña, accesible desde a páxina web www.violenciagenero.igualdad.gob.es/.

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e ofrecer contidos personalizados. Ao continuar coa navegación entendemos que se acepta a nosa política de cookies.

Pechar