Novas

venres, 09 de febreiro de 2024

O 14 de febreiro cesarán as emisións de TDT en definición estándar deixando paso á alta definición

A medida obedece ao Real Decreto 16/2023 aprobado polo Goberno central


O 14 de febreiro cesarán as emisións de TDT en definición estándar deixando paso á alta definición

O Concello de Ferrol informa á cidadanía de que o vindeiro mércores 14 de febreiro cesarán as emisións de Televisión Dixital Terrestre (TDT) en definición estándar (SD), pasando a emitir unicamente en alta definición (HD), en virtude do Real Decreto 16/2023 aprobada polo Goberno central. Unha medida, polo tanto, allea ás competencias das Administracións locais.

O cambio non afectará aos usuarios que reciben a TDT con antena normal e que dispoñen dun televisor co decodificador compatible integrado ou externo, no caso dos televisores máis antigos, cambiándose neste último caso por un decodificador compatible con HD.

Os usuarios que non posúan cobertura TDT e reciban o sinal de televisión por satélite con antena parabólica, perderán o sinal cos receptores actuais no caso de que fosen instalados antes de 2017, xa que non son compatibles co sinal HD. No caso de querer seguir recibindo o sinal, deberán substituír estes equipos por outros compatibles a través de instaladores autorizados.

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e ofrecer contidos personalizados. Ao continuar coa navegación entendemos que se acepta a nosa política de cookies.

Pechar