Novas

venres, 09 de febreiro de 2024

Bombeiros, Protección Civil e Policía Local participan na búsqueda dun home desaparecido na costa da Coruña

As correntes poden derivar o corpo cara os areais de Ferrol


Bombeiros, Protección Civil e Policía Local participan na búsqueda dun home desaparecido na costa da Coruña

Bombeiros de Ferrol, Protección Civil e Policía Local están a participar desde esta mañá na búsqueda dun home de A Coruña que desapareceu na tarde do martes tras caer dunha embarcación na zona de O Portiño. As dúas personas que navegaban co desaparecido foron as que deron no seu momento a voz de alarma.

Na xornada de onte Salvamento Marítimo solicitou a colaboración das forzas de seguridade de Ferrol, ante a posibilidade de que as correntes poidan derivar o corpo cara os areais da cidade departamental.

Así, os bombeiros están peinando as zonas de Penencia, Lobadiz e Cabo Prior con drons e tamén cunha embarcación por mar dende Penencia a Lobadiz.

Varios efectivos de Protección Civil traballan tamén na zona de Prioriño Chico aos que se suman efectivos da Policía Local.



Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e ofrecer contidos personalizados. Ao continuar coa navegación entendemos que se acepta a nosa política de cookies.

Pechar