Novas

venres, 09 de febreiro de 2024

Corte na subministración de auga na praza do Callao

Levarase a cabo na noite do luns ao martes


O Concello de Ferrol informa dun corte na subministración de auga potable debido á necesidade de realizar traballos para conectar a rede á nova tubería de distribución da obra de reurbanización da rúa Igrexa.

Este corte afectará ao ámbito da praza do Callao a partir das 22:00 horas do luns 12 de febreiro e o servizo será restablecido ás 07:00 horas do martes 13 de febreiro.

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e ofrecer contidos personalizados. Ao continuar coa navegación entendemos que se acepta a nosa política de cookies.

Pechar