Novas

martes, 01 de outubro de 2024

A concelleira de Educación participa na inauguración do `Congreso Polymer Processing Society´


A concelleira de Educación participa na inauguración do `Congreso Polymer Processing Society´

A concelleira de Educación e Universidade, Patricia Cons, participou esta mañá na inauguración do Polymer Processing (PPS2024), o congreso anual da Polymer Processing Society, que por primeira celébrase en España. Cons deu a benvida aos 220 investigadores de 28 países dos cinco continentes que se dan cita neste congreso, que concluirá o xoves, e convidounos tamén a coñecer a cidade de Ferrol.

A Polymer Processing Society (PPS) fomenta a comprensión científica e a innovación técnica no procesamento de polímeros proporcionando un foro para enxeñeiros e científicos de todo o mundo.

O Campus Industrial convértese, novamente, nun referente no campo da formación e da investigación acollendo este tipo de congresos que poñen de relevo tamén o seu papel neste ámbito.

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e ofrecer contidos personalizados. Ao continuar coa navegación entendemos que se acepta a nosa política de cookies.

Pechar