Novas

xoves, 31 de outubro de 2024

Catro mulleres ferrolás protagonizan o documental ‘Os nosos centenar100s’

A concelleira de Política Social e Inclusión, Rosa Martínez, participou esta tarde na presentación da peza audiovisual, que tivo lugar no teatro Jofre. Está dirixida por Rubén Riós e busca revelar os segredos dunha vida lonxeva e feliz


Catro mulleres ferrolás protagonizan o documental ‘Os nosos centenar100s’

A concelleira de Política Social e Inclusión, Rosa Martínez, presentou esta tarde no teatro Jofre o documental Os nosos centenar100s, unha peza audiovisual do Concello de Ferrol dirixida por Rubén Riós.

Entre os obxectivos da mesma está revelar os segredos dunha vida lonxeva e feliz a través de historias reais narradas por catro centenarias de Ferrol: Carmiña Filgueira (100 anos), María Quintás (107 anos), Carmen Paz (102 anos) e Ángela Matasans (103 anos).

Así mesmo, o documental busca rachar cos estereotipos que envolven á poboación adulta, recoñecer a súa experiencia e sabedoría de vida e valorar o traballo que realizan as persoas dedicadas ao seu benestar. Os testemuños recollidos amósanse de xeito áxil e dinámico que fai que o espectador conecte coas protagonistas.

Tras a proxección do video, a rondalla Só Elas entregou escarapelas ás centenarias participantes no proxecto, que serviu como peche do acto.

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e ofrecer contidos personalizados. Ao continuar coa navegación entendemos que se acepta a nosa política de cookies.

Pechar