Novas

xoves, 28 de novembro de 2024

Concello e Universidade únense arredor da cultura ferrolá

Ambas institucións celebrarán conxuntamente mesas redondas ao longo dos vindeiros meses, que terán como protagonistas as letras, a música ou a arquitectura da cidade


O Concello de Ferrol e a Universidade da Coruña únense para a realización dunha serie de actividades e mesas redondas que acheguen a institución educativa á vida cultural da cidade.

No marco desta iniciativa, esta mesma tarde o concelleiro de Cultura, José Antonio Ponte Far, participará no primeiro dos actos, que incluirá a proxección dun video sobre a vida e obra de Gonzalo Torrente Ballester. Celebrarase na biblioteca municipal da praza de España ás 19:00 horas.

A actividade retomarase no mes de xaneiro, con mesas redondas. A do mes de xaneiro será A relación entre dous ferroláns ilustres: Torrente Ballester e Carvalho Calero no salón de graos da Facultade de Humanidades; en febreiro Novelistas ferroláns actuais, na biblioteca municipal; en marzo A poesía galega actual, no salón de graos da Facultade de Humanidades; en abril A arquitectura ferrolá, na biblioteca municipal; en maio A pintura ferrolá do século XIX e XX, no salón de actos da Facultade de Humanidades; e en xuño A música culta e popular en Ferrol, na biblioteca municipal.

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e ofrecer contidos personalizados. Ao continuar coa navegación entendemos que se acepta a nosa política de cookies.

Pechar