Novas

venres, 29 de novembro de 2024

O alcalde de Ferrol traslada á xunta veciñal de Doniños os traballos efectuados ao abeiro do plan de barrios

As tarefas incluíron o desbroce nas contornas da escola e do local social, así como nas beirarrúas de diversas estradas, como Campo de Tiro ou Pedregueira


O  alcalde de Ferrol traslada á xunta veciñal de Doniños os traballos efectuados ao abeiro do plan de barrios

O alcalde de Ferrol, José Manuel Rey Varela, acompañado do concelleiro de Servizos, José Tomé, reuniuse esta mañá coa directiva da xunta veciñal de Doniños para detallar as actuacións levadas a cabo ao amparo do Plan de barrios, grazas os que se dá resposta ás demandas dos veciños.

No tocante a tarefas de limpeza leváronse a cabo traballos de desbroce e chapeo nas contornas da escola e do local social e procedeuse ao desbroce de beirarrúas das estradas cara Penencia, Campo de Tiro, Pedregueira, Camiño do cemiterio e A Croa, o que supón que se actuou en 10 quilómetros.

Así mesmo, realizouse a limpeza e a comprobación do funcionamento dos sumidoiros de todo o barrio, que ascenden a 37. Por último, realizouse a limpeza e mantemento das Fontes e dos lavadoiros de A Fonte, A Fraga, Quijote, Fontemaior, A Corredoira e A Croa.

Pola súa parte, o servizo de mantemento eléctrico realizou 29 actuacións de tipo correctivo e preventivo, mentres que Emafesa levou a cabo un total de 17 accións entre de mantemento correctivo, preventivo e de control de calidade do servizo, entre outras.

O luns 2 de decembro os diferentes servizos do plan de barrios comezarán os traballos en Pazos.

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e ofrecer contidos personalizados. Ao continuar coa navegación entendemos que se acepta a nosa política de cookies.

Pechar