21
Setembro
MANGORETÉ
(21/09/2024 20:30) Teatro Jofre
MANGORETÉ unha sátira que pon no punto de mira a sociedade actual está conducida por dúas azafaifas chegadas dun misterioSo planeta chamado “Mangoreté”.
Protagonizada por Desiré Pillado e Bea García, neste musical convídase ao público a viaxar con elas e mudar para sempre as súas tristes e monocordes vidas...a cambio dun “chisquiño” da súa liberdade.
Elas serán o fío conductor dun hilarante musi-cal cheo de humor ácido no que se abordan temas tan actuáis que abranguen dende as adiccións, a emigración, a política ata o machismo, a través da danza, a música, a interpretación e a improvisación.
22
Setembro
DE VOLTA! - ENCRUCILLADA
(22/09/2024 19:00) Teatro Jofre
O grupo de música tradicional galega Encrucillada está formado por 6 músicos
de distintos puntos da Ferrolterra (Ferrol, Fene, Neda, San Sadurniño e
Valdoviño) que converxen neste proxecto que no ano 2024 volve ás orixes máis
tradicionais e presenta novo disco: "De volta!" con temas bailables cos que
amenizaron foliadas, festas e festivais de todo o país durante este verán.
Percusións tradicionais, gaitas, acordeón, e saxo entre outros instrumentos,
interpretados polos irmáns Alberto e Óscar Maceiras, Antonio López Lago e
Javier Rodríguez Castro acompañan ás voces de Elena Díaz e Xoán Padín.