AVISO SOBRE CORRECCIÓN DO PPT:
Tendo en conta que se detectaron erros no Prego de Prescricións Técnicas deste expediente de contratación, con data do 19/12/2016 retírase provisionalmente dito PPT, mentres se procede á aprobación da rectificación de erros polo órgano de contratación (Xunta de Goberno Local do Concello de Ferrol).
Así mesmo, procederáse á publicación dun anuncio de rectificación no BOP, polo que o prazo de presentación de ofertas comezará a contar a partires do día seguinte á publicación de dita corrección no BOP.
Polo tanto, a publicación do anuncio inicial de licitación no BOP o día 19/12/2016 non abre o prazo de presentación de ofertas, posto que se considera que abrir dito prazo cun prego que contén erros pode supoñer un perxuízo para os licitadores.
As correccións citadas publicaranse neste Perfil o antes posible, para que os licitadores poidan coñecer canto antes o contido definitivo do PPT.
Información de data 20/12/2016 ACTUALIZACIÓN DA INFORMACIÓN SOBRE CORRECCIÓN DO PPT:
Con data de hoxe, publícase de novo o Prego de Prescricións Técnicas, acompañado do acordo da Xunta de Goberno no que se detalla a rectificación de erros aprobada, que é a seguinte:
Na cláusula 2.1 do PPT: suprímese o punto “Memoria caché interna de nivel 2 de 4 MB”. Na cláusula 2.3 do PPT: - onde di “e ADG”, debe dicir “e 6”.; - e no punto onde se fala do “Soporte multisistema operativo (microsoft (..)”, debe dicir tan só: “Soporte sistema operativo: Microsoft Windows e Linux”.
Lémbrase aos licitadores que o prazo de presentación de ofertas será de quince (15) días naturais contados dende o día seguinte ó da publicación do anuncio de rectificación de erros no BOP. Se o último día para a presentación de ofertas coincidise en sábado, domingo ou festivo trasladaráse ó seguinte día hábil.
Información de data 23/12/2016 PUBLICACIÓN DO ANUNCIO DE CORRECCIÓN E APERTURA DO PRAZO:
Con data de hoxe, 23/12/2016 publícase no BOP de A Coruña o anuncio de rectificación do PPT, e abrése o prazo de presentación de ofertas, que é de 15 días naturais a contar dende o día seguinte a dita publicación.
Tendo en conta que o citado prazo de 15 días naturais remataría o 7 de xaneiro de 2017, que é sábado e por tanto, non hábil, o último día de presentación de ofertas trasládase ao seguinte día hábil, que é o 9 de xaneiro de 2017.
|