Ártabro Inclusivo é un proxecto que desenvolven os Concellos de Fene, Ferrol e Narón ao abeiro do Programa FEMP 2014-2020 da Consellería do Mar, tramitado no GALP Golfo Ártabro Norte na convocatoria 2021 e coa implicación de outras entidades e institucións como Aspaneps, Saúde Mental Ferrol, Eume e Ortegal, a Universidade da Coruña (Laboratorio de Plásticos e Escola Universitaria de Deseño Industrial) e as confrarías de pescadores e mariscadores de Barallobre (Fene) e Ferrol.
Coa colaboración do sector do mar e o apoio de actividades de limpezas mariñas e da poboación en xeral, recuperaranse residuos mariños que se convertirán en novos produtos. Será a través de dous obradoiros que se desenvolverán nas sedes de Aspaneps e Saúde Mental, o primeiro para reciclar os plásticos e darlles unha nova vida (iniciativa Precious Plastic) co asesoramento e formación da UDC, e o segundo para valorizar plásticos e madeira convertíndoos tamén en novos produtos. O proxecto inclúe tamén un plan de sensibilización ambiental e dinamización da rede de colaboradores con limpezas costeiras e actividades divulgativas.
Os principais obxectivos son:
Promover a integración social a través dunha iniciativa que traballa na erradicación e valorización dos residuos da zona costeira. Para isto, foméntase a colaboración entre os concellos, o sector da inclusión social e o pesqueiro para deseñar proxectos de economía circular, contribuíndo deste xeito a reforzar o dinamismo social, económico e ambiental da zona costeira.
Fomentar a colaboración dos concellos a prol dunha sociedade máis inclusiva, reforzando a conexión co ámbito da inclusión social e o pesqueiro.
Aposta por un desenvolvemento económico sostible baseado na economía circular.
Realizar actividades ocupacionais laborais ou terapéuticas nos centros de inclusión social a través da valorización do lixo plástico para obter un beneficio social, económico e ambiental.
Promover a inclusión laboral das persoas que forman parte das entidades de inclusión social.
Fomentar colaboración das confrarías coas entidades sociais.
Sensibilizar ao sector pesqueiro sobre a problemática do lixo mariño e o aproveitamento sostible dos refugallos do mar.
Reforzar o traballo en rede do sector do mar e o seu papel como entidades de economía social.
Posta en valor do producto concreto
Resultados previstos:
A través do programa Ártabro Inclusivo se pretende:
A integración social e laboral das persoas usuarias das entidades sociais, mediante a sinatura de acordos que potencien a realización de actividades de mellora ambiental e aproveitamento de residuos.
A creación de talleres de aproveitamento de refugallos plástios e residuos procedentes do mar (madeira) para a elaboración de diferentes produtos.
O fomento dunha maior sensibilización sobre a problemática do lixo mariño.
A mellora da calidade do produto pesqueiro.
A redución do lixo mariño.
Catálogo de produtos
Vídeo do proxecto
Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e ofrecer contidos personalizados. Ao continuar coa navegación entendemos que se acepta a nosa política de cookies.