O Concello de Ferrol, en colaboración con Navantia e co Campus Industrial de Ferrol da Universidade de A Coruña, presentan o I Foro sobre o Futuro da Industria Naval de Ferrol, baixo o nome de “Ferrol Naval”
Un Foro que pretende visualizar o potencial da Industria Naval na nosa comunidade e convertela nun referente.
Unha xornada que reunirá a persoas expertas do sector naval e do mundo da investigación, dirixido a todos os profesionais do sector e ao alumnado interesado.
O congreso terá lugar o vindeiro venres 24 de marzo no Auditorio de Ferrol de 9:30 a 15:00h.
As entradas son gratuítas, previa inscrición. Aforo limitado.
Consulta o programa completo aquí
Inscricións pechadas
Para máis información podes contactar ao 605 853 565 ou mandar un correo a foroferrolnaval@gmail.com
Agardámoste!