Importe total investido: | 748.081,19 € |
Aportación municipal: | 532.304,04 € |
Financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU: |
215.777,15 € |
Programa de Impulso á Rehabilitación dos Edificios Públicos (PIREP) das Entidades Locais, diseñado no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia (PRTR)
Orden TMA/178/2022, de 28 de febrero, concesión axudas para a rehabilitación de edificios de titularidade pública
AXUDA PARA A REHABILITACIÓN DE EDIFICIOS DE TITULARIDADE PÚBLICA NO MARCO DO PLAN DE RECUPERACIÓN, TRANSFORMACIÓN E RESILICENCIA
O Ministerio de Transportes, Movilidade e Axenda Urbana (MITMA) convocou estas axudas para la rehabilitación sostible do parque público institucional
As actuación financiadas tiñan que ter un carácter integrado, no sentido definido pola Axenda Urbana Española (AUE), e responder aos criterios de sustentabilidade, inclusión e calidade estética previstos pola Nova Bauhaus Europea, sen perder de vista o principal obxectivo dun aforro enerxético medio superior ao 30 %
As intervencións contempladas nas OBRAS DE REHABILITACIÓN INTEGRAL DE LOCAL SOCIOCULTURAL DA A.V.V. DE SERANTES, SITUADO EN AVENIDA 19 DE FEBREIRO N.º 25 obxecto de financiamento PIREP liña 1 son:
Tipo A: Intervencións encamiñadas á mellora da eficiencia enerxética dos edificios públicos con coeficiente de contribución climática do 100%.
A cualificación enerxética do edificio existente é do grupo G no consumo de enerxía primaria non renovable e E nas emisións de dióxido de carbono. Así, unha vez implementadas as melloras, a cualificación enerxética pasaría ao grupo A tanto no consumo de enerxía primaria non renovable como nas emisións de dióxido de carbono. Para lograr os obxectivos mellórase a totalidade da envolvente do edificio e distribúese o edificio para un mellor aproveitamento da luz solar.
As actuacións de eficiencia enerxética contemplan a redución do consumo eléctrico con tencología LED, un sistema de ventilación e climatización por bomba de calor, así como a implantación dunha instalación solar fotovoltaica.
Dentro dos objectivos de eficiciencia enerxética do Plan de Recuperación con esta actuación contribúese a unha superficie rehabilitada de 236,95m2 do edificio preexistente, cuxa renovación supón unha redución, polo menos do 30% da demanda de enerxía primaria.
Tipo B: Intervencións destinadas a melloras a sustentabilidade ambiental en materia de auga, uso de materiais, xestión de residuos, adaptación ao cambio climático e protección da biodiversidade, con coeficiente de contribución climática do 40%.
Actuacións de urbanización e axardinamento coa implantación de espazos de sombra, lugar de estancia, baixo os parámetros de non impermeabilizar o chan existente. Eficiencia das instalacións de fontanería e saneamento do edificio para unha mellora xestión da auga e evitar a contaminación dos chans.
Tipo C: Intervencións orientadas a mellorar a accesibilidade (física, cognitiva e sensorial) eliminando barreiras.
Mellórase substancialmente a accesibilidade da asociación de veciños para que todas as persoas poidan participar activamente das actividades socioculturais que se organicen no devandito edificio de uso público."